Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es

Ruta nocturna: Lendas o solpor da ría en San Vicente de Trasmañó

Cartel ruta nocturna lenda ao solpor da ría

A concellería de Medio Ambiente oferta unha ruta entre muíños e regatos, camiñando entre as sombras e reflexos do solpor por sendas e recunchos naturais das parroquias de Redondela. O son da auga na escuridade e os reflexos da luz nas fervenzas que saltan os leitos dos ríos, a luz entre os sendeiros do Monte Penide e as vistas do miradoiro da Poza da lagoa. Son unhas das cousas que pode gozar o camiñante en compañía dun guía local que contará algunha lenda deses lugares naturais.

Para a realización da actividade é preciso levar unha lanterna e recomendamos levar calzado cómodo.

Saída : Venres 6 de agosto, ás 21:30 horas con regreso previsto 00:30 horas.

Punto de encontro Campo de fútbol de San Vicente de Trasmañó

Dinamiza a actividade Álvaro Diego guía local.

Máis información:
turismo@redondela.gal – Teléfono: 986 40 17 13

scroll-up