Reutilizar é espremer ao máximo o potencial dun material, é dicir, aproveitar todas as súas posibles utilidades. Por exemplo, unha vez consumido o contido dunha botella de vidro, pode encherse con auga no canto de comprar outra botella nova e tirar a xa usada.
O vidro, o papel e o plástico poden ser útiles de moitas formas diferentes ás que estamos afeitos.
Desta forma, ademais de divertirnos probando aplicacións diferentes para cada material, tamén produciremos os seguintes beneficios:
Reducimos a cantidade de residuos que producimos.
Aforramos diñeiro, xa que, ao reutilizarmos, deixamos de comprar o que nós mesmos podemos xerar.
Estimulamos o cerebro buscando novas ideas e solucións a posibles problemas de consumo.
Requisitos para reutilizar
Ser o máis imaxinativos e creativos que poidamos.
Como reutilizar
Podes probar ti coas túas ideas ou ver os seguintes vídeos. Se cadra atopas o que queres facer.