Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es

Redondela pon en marcha saídas en bicicleta a praia de Cesantes.

Imaxe Redondela pon en marcha saídas en bicicleta a praia de Cesantes.

As concellerías de Turismo e Medio Ambiente recuperan 15 bicicletas do almacén municipal que levaban máis dunha década en desuso. Unha vez postas a punto ofertan unha saída de balde a praia de Cesantes, iremos observando a contorna ata a praia, onde rodaremos polo paseo e pararemos a coñecer os ecosistemas dunares e o resto de valores da enseada.

Actividade de balde a partir de 12 anos conta con monitor e seguro.
Saída dende o Multiusos da Xunqueira o 13 de Xullo 10:30 horas.
Prazas limitadas.

Máis información:
turismo@redondela.gal – Teléfono: 986 40 17 13

scroll-up