Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es

Redondela estrea catavento no paseo marítimo da Punta de Cesantes

Redondela estrea catavento no paseo marítimo da Punta de Cesantes

Con doce metros de altura, sustitúe a anterior, de formigón. A Concellaría de Medio Ambiente de Redondela vén de instalar no paseo marítimo da Punta de Cesantes un novo catavento de aceiro e madeira que substitúe o anterior, de formigón, e moito máis voluminoso. A nova estrutura non supera os doce metros de altura mentres que a anterior superaba os 16 e supoñía un feísmo paisaxístico nun lugar de especial beleza, en plena enseada de San Simón. Segundo o concelleiro de Medio Ambiente de Redondela, Roberto Villar, “este novo catavento permitirá facer eventos con carpa na zona e, por outra banda, conseguimos eliminar un feísmo nunha das zona de lecer e esparcimento preferidas dos redondeláns”·.

scroll-up