
Vidro
No caso do contedor de vidro, pode atoparse un por cada 213 habitantes aquí en España. Comezouse a reciclar o vidro hai xa 30 anos e, desde entón, avanzamos moito. O primeiro contedor púxose en Barcelona en 1982. Foi o primeiro contedor de reciclaxe en chegar ao noso país!
O tipo de contedor máis habitual para este tipo de materiais adoita ser o iglú, os que teñen forma redondeada e se parecen ás casiñas dos esquimós, aínda que tamén é habitual atoparse outros tipos de contedores.
Desde 1998, a dotación de contedores, xestionada por Ecovidrio, creceu máis dun 200%. Impresionante! Actualmente, somos un dos países con mellor cociente de contedores (contedores por número de habitantes). O 59% de fogares afirman ter un a menos de 50 metros da casa.

Que tiro ao contedor de vidro?

Que non tiro ao contedor de vidro?

Como é o seu proceso de reciclaxe?
Debido ás características do vidro, a súa reciclaxe é, se cadra, máis complexa cá doutros tipos de residuos. No seguinte vídeo, veremos as diferentes fases deste proceso.
