Os puntos limpos están destinados á deposición de maneira separada dos residuos que se xeran nos fogares e que non se poden botar nos contedores xenéricos pola súa voluminosidade ou perigosidade.
O concello de Redondela non conta cun punto limpo convencional. A empresa de recollida do lixo encárgase do servizo de recollida de voluminosos (colchóns, mesas, cadeiras…) e aparellos eléctricos (lavadoras, neveiras, microondas…) soamente para particulares.
Para xestionar a recollida ou para obter máis información, chama ao 986 408 034.