
Plásticos
O contedor de plásticos é un dos que máis dúbidas xera, a pesar de que leva 20 anos en funcionamento. De media, podemos atopar un contedor amarelo por cada 117 habitantes. Se ben houbo unha moi boa evolución e cada ano aumenta a cantidade de envases de plástico, briks e latas recicladas por habitante, un terzo da poboación segue sen saber con exactitude onde vai cada tipo de residuo. Por outra banda, aínda que moitas veces pensemos o contrario, en España o 80% dos fogares e cidadáns reciclamos de maneira activa, separando os nosos residuos a diario.

Que tiro ao contedor de plásticos?

Que non tiro ao contedor de plásticos?

Boas prácticas
Esmaga os envases. As garrafas, botellas, latas e briks ocupan moito espazo. Lembra esmagalos antes de depositalos no contedor; ocuparán menos espazo e así caberán máis. Con esta simple acción, poderemos aproveitar ao máximo a capacidade destes contedores e practicamente dobrar a cantidade de residuos que soportan, ademais de evitarmos os molestos rebordos.
As bolsas de plástico nas que transportamos o vidro e os xornais ata os seus contedores específicos (verde e azul, respectivamente) deben ir despois ao contedor de plásticos.
Procura reutilizar as bolsas de plástico nas túas compras e, cando xa non che sirvan, utilízaas como bolsas do lixo.