
Papel
Os contedores de papel levan 20 anos en funcionamento en España. Temos un contedor por cada 215 persoas. En España, aproximadamente un 80% dos cidadáns e dos fogares son recicladores activos.
Este contedor é fácil de distinguir e de usar, xa que está destinado unicamente a papel e cartón.

Que tiro ao contedor de papel?

Que non tiro ao contedor de papel?

Boas prácticas
Procura dobrar ou cortar ben os papeis e cartóns antes de depositalos no contedor. Resultarache máis fácil e cómodo introducilos no contedor e ocuparán menos espazo.
Tenta reutilizar as bolsas de papel e cartón para gardar na casa este tipo de residuos. Deste xeito, cando vaias botalos non contedor non terás que sacalos da bolsa e poderás depositar todo xunto.
Non deixes caixas de cartón sen desmontar ao pé do contedor. Non che custa nada desarmalas ou esmagalas e introducilas tamén.