Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es
non_reciclables_logo

Non reciclables

contedor de non reciclables, tamén coñecido como contedor gris, é o que se utiliza para depositar todos aqueles residuos que non se reciclan, que non se poden compostar e que non son tóxicos, o que se coñece como a fracción resto. Este é o contedor máis antigo, xa que é o único que había antes da implantación do actual sistema de contedores de reciclaxe.

Nalgúns sitios, como en certas zonas rurais do concello, no canto de ter unha franxa gris, esta pode ser de cor verde escura.

Ollo! Este contedor non é, como se adoita dicir, aquel onde vai todo o que non sabemos onde botar. Trátase dun contedor de reciclaxe máis, e é importante termos claro que residuos se deben botar nel e cales deben ir noutros contedores ou en lugares de recollida diferentes, coma os puntos limpos.

Contedor gris

Que tiro ao contedor de non reciclables?

  • ok
    Xoguetes, biberóns, chupetes.
  • ok
    Utensilios de cociña, cerámica.
  • ok
    Téxtil sanitario: cueiros, compresas, tampóns, vendas, esparadrapo.
  • ok
    Cinsas, restos de varrer ou do aspirador, pelos, area de gatos, cabichas, po e excrementos de animais.
  • ok
    Fotos, tarxetas (de crédito, carnés de identidade etc.), bolígrafos…
non_reciclables_definitivo

Que non tiro ao contedor de non reciclables?

  • non
    Pilas, baterías, teléfonos móbiles, computadores, CD/DVD, electrodomésticos, mobles, espellos e residuos tóxicos en xeral. Estes deposítanse nos minipuntos limpos ou puntos limpos.
  • non
    Medicamentos e os frascos ou caixas que os conteñen, que se deben levar ao Punto SIGRE das farmacias.
non_non_reciclables

Normalmente, os residuos orgánicos non se deberían depositar no contedor de non reciclables, senón no contedor marrón ou nos composteiros. En Redondela, os contedores marróns aínda non están dispoñibles, pero está previsto que se instalen, seguindo as directivas europeas, no ano 2023. Até entón, podemos depositar os residuos orgánicos neste contedor ou, mellor aínda, compostalos nalgún dos puntos de compostaxe comunitaria ou cun composteiro individual.

Que pasa cos residuos que se tiran neste contedor?

En primeiro lugar, os residuos transpórtanse a plantas, onde se separan os envases de plástico, o vidro e o papel e cartón que se mesturaron neste contedor para posteriormente reciclalos. Con todo, este proceso é moi traballoso e tamén moi caro, de aí a importancia de separarmos ben os residuos na casa. Ademais de ser máis efectivo, aforraremos diñeiro!

Unha vez rematado este proceso, os residuos que quedan poden tratarse de diferentes xeitos. Nalgúns casos, deposítanse en vertedoiros controlados ou incinéranse para reducir ao máximo o espazo que ocupan e producir enerxía. Noutros casos, fanse con eles recheos sanitarios, isto é, capas alternas de lixo comprimido e terra impermeabilizada, cos que se busca reducir o impacto ambiental e a contaminación.

Localización contedores non reciclables

scroll-up