Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es
mini puntos sin sombra

Minipuntos limpos

Os minipuntos limpos son espazos destinados á reciclaxe de obxectos que hai que depositar por separado debido a que poden ser moi contaminantes se non se tratan de maneira axeitada. Son pequenas illas ecolóxicas que ocupan menos dun metro cadrado e que poden estar situadas tanto na vía urbana como en centros comerciais, centros de traballo etc.

Os minipuntos limpos fan de reforzo dos puntos limpos, achéganlle a recollida selectiva á cidadanía e póñenllo máis fácil para así lograr unha mayor proximidade e compromiso coa reciclaxe.

mini puntos limpos
Imaxen minipunto limpo
Reproducir vídeo acerca de Imaxen minipunto limpo

Que tiramos nos minipuntos limpos?

Cápsulas de aluminio e plástico

As cápsulas pódense reciclar, pero debemos facelo no punto de reciclaxe más axeitado. As cápsulas de café non se desprenden do seu contido, a non ser que o fagamos nós, por iso requiren un tratamento distinto. No caso de Redondela, podemos tiralas nos distintos minipuntos dispoñibles por toda a nosa localidade.

capsulas café sin sombra

Cartuchos de impresora

cartucho impresora

Se o cartucho non é recargable, levarase a unha planta específica de reciclaxe. Se é recargable, faráselle un test electrónico para comprobar se segue sendo útil e, de ser así, recargarase de novo con tinta.

Teléfonos móbiles

Os móbiles que funcionan poden reutilizarse. Os que non funcionan nin se poden reparar reciclámolos como aparellos eléctricos e electrónicos de pequeno formato (RAEE), isto é, triturándoos para reciclar os seus compoñentes por separado.

móvil

Aparatos eléctricos e electrónicos de pequeno formato (RAEE)

aparatos_electrónicos

Chámaselles RAEE a aqueles aparellos que necesitan pilas ou un enchufe para funcionar. A mellor opción ambiental é a reparación ou reutilización dos aparellos para evitar que se convirtan nun residuo. Hai xestores especializados que dispoñen da loxística para facelo. Se se teñen que reciclar, cómpre desmontalos previamente á trituración  para evitar que as substancias perigosas que conteñen contaminen os materiais recuperados, basicamente metais e plásticos.

Pilas e baterías de mobil

As pilas convencionais e alcalinas tritúranse para separar o envoltorio do interior. Do envoltorio obtéñense papel, plástico e materiais férricos, mentres que do interior se extraen metais pesados e outros compostos químicos. As pilas de botón sométense a un proceso de destilación e condensación que permite obter mercurio cun grao de pureza superior ao 96%.

As baterías dos móbiles tritúranse para separar da carcasa os compoñentes metálicos e plásticos, así como o papel das etiquetas, se as houbese. O produto interno da batería atácase quimicamente para separar os seus diferentes compoñentes.

4 pilas

Lámpadas de baixo consumo e LED

bombillasx2 por atrás

As lámpadas de baixo consumo e LED recóllense e recíclanse por dous motivos: por unha banda, recuperamos as pequenas cantidades de mercurio presentes nas lámpadas de baixo consumo, o cal evita a súa vertedura ao medio; pola outra, o correcto tratamento de ambos os dous tipos de lámpadas permítenos reciclar os materiais que conteñen: vidro e metal.

Localización minipuntos limpos

No Concello de Redondela contamos cunha serie de minipuntos limpos distribuídos por diversas zonas da vila que lle facilitan a reciclaxe a toda a cidadanía e fan que lle resulte máis sinxela e próxima a deposición dos residuos.