Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es
recicla

Recicla

Reciclar é un proceso no que se transforman residuos usados ou desbotados en novas materias primas listas para volver ser usadas.

As técnicas que se utilizan para iso son diversas. En primeiro lugar, recíbense as materias primas, que posteriormente pasan por un proceso de selección. Isto é igual para todos os residuos, pero, a partir deste momento, o proceso pode variar segundo a tipoloxía destes.

Vantaxes

Permite aforrar enerxía de forma significativa. Moitas veces, é menos custoso reciclar un material que fabricalo desde cero, como ocorre por exemplo co vidro.

enerxía
árbores

Reciclar axuda a evitar a explotación dos recursos naturais. A reciclaxe fai posible que os materiais orixinais se poidan aproveitar para novos usos sen que sexa necesario volver usar recursos naturais para fabricalos.

Conserva o medio ambiente, xa que permite reducir a cantidade de refugallos sólidos que acaban nos vertedoiros. Isto fai posible que os vertedoiros ocupen menos espazo e mesmo que poidan chegar a pecharse, o cal evita o impacto negativo que causan sobre o medio ambiente.

natureza
reducir contaminación

Reduce a contaminación, o cal se traduce nunha atmosfera máis limpa. Reciclando contribuímos a reducir o dano producido ao medio ambiente.

Se depositamos os refugallos que xeramos no contedor correspondente para que sexan reciclados, redúcense os custos de recolección e clasificación dos residuos, xa que son persoas as que realizan este labor.

contedores reciclaxe
peto

Nalgúns centros de reciclaxe ofrecen unha compensación económica por levar material reciclable, como latas e botellas de plástico, polo que podemos obter un pequeno ingreso extra reciclando.

Tipos de contedores do Concello de Redondela

Desde o Concello de Redondela animámosvos a que participedes na reciclaxe activa e responsable de residuos. No concello podedes atopar os seguintes tipos de contedores. Pulsando sobre as imaxes, accederedes a unha explicación de cada un deles e á súa localización.