Os tesouros do río Pexegueiro: muíños, regatos e lendas o solpor

A concellería de Medio Ambiente coa colaboración do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy oferta unha nova ruta guiada entre muíños e regatos, camiñando entre as sendas e reflexos do río Pexegueiro . O son da auga chegando o solpor e os reflexos da luz nas fervenzas que saltan o leito do río, a sombra entre os sendeiros das parroquias de Cesantes e O Viso. Son unhas das cousas que pode gozar o camiñante en compañía dun guía local que contará algunha lenda deses lugares e espazos naturais.
Para a realización da actividade é preciso levar calzado cómodo.
Saída : Mércores 4 de agosto ás 18:00 horas cunha duración aproximada de 3-4 horas.
Punto de encontro Paseo do Pexegueiro nº5 (fronte á Piscina Municipal).
Dinamiza a actividade Álvaro Diego guía local.
Prazas limitadas actividade de balde.
Máis información:
turismo@redondela.gal – Teléfono: 986 40 17 13