Orienta aventura + Xogos Populares + Película

As concellerías de Medio Ambiente e Cultura xunto coa colaboración da Sociedade Cultural do Viso ofertan para o vindeiro Venres 16 de Xullo actividades nocturnas na contorna natural da área recreativa da Gándara na parroquia do Viso. Contará con actividades lúdico deportivas polas contornas naturais da Gándara unha parada para cear e gozar de xogos populares, rematando coa proxección dunha película para todos os públicos.
16 xullo – Campo de futbol o Viso área recreativa da Gándara
-20:00 horas
Orienta aventura.
Nenas e nenos a partir de 6 anos para a actividade.
Dinamiza Alecrín
Prazas límitadas.
– 21:30 horas
Parada para cear ( cada participante que leve os alimentos)Xogos populares da Asociación Cultural do Viso.
– 22:30 horas
Proxección de Cine o aira libre aforo segundo o protocolo Covid.
Organiza Concello de Redondela
Colabora Asociación Cultural do Viso
Máis información:
turismo@redondela.gal – Teléfono: 986 40 17 13