Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es

Novas Xornadas na Rede Natura 2000. Andainas pola biodiversidade da enseada.

post-327-2

Dende a Concellería de Medio Ambiente co lema “A nosa biodiversidade o seu legado” están a realizar dende finais do mes de Agosto , unha serie de actuacións informativas e charlas divulgativas para poñer en valor a Enseada de San Simón que se atopa dentro da Rede Natura 2000 . Debido a gran acollida recibida e a cantidade de persoas interesadas que quedaron sen praza para os paseos sobre as “algas da intermarreal” de Cesantes , o departamento medioambiental do concello de Redondela decidiu ampliar as actividades medio ambientais que remataban o 19 de Setembro ata finais do mes de Outubro.

Redondela 15 de setembro de 2020 , debido a gran demanda de participantes para as actividades educativas e medioambientais na Rede Natura 2000 a concellería de medio ambiente amplía datas e temario para o mes de Outubro.

Para comprender o seu valor, hai que coñecer e analizar o patrimonio natural.

A ciencia separase en investigación é divulgación. Mentres a investigación fai avanzar o coñecemento, a divulgación intenta expandir na sociedade este novo coñecemento. Neste grupo de expansión atópase a cidadanía, a cal temos que chegar cunha linguaxe próxima e achegada.

Natura 2000 é unha rede europea de áreas de conservación natural. A súa finalidade é asegurar a protección a longo prazo das especies e o seu hábitat en Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade.

Nos paseos dinamizados por FAIA Educación Medioambiental o participante poderá observar, tocar e escoitar temas sobre a formación das rías, dunas, ecosistemas mariños, grupos de algas, avifauna costeira, as marismas de Soutoxuste, historia evolutiva, xeoloxía e outros temas que que protagonizan a biodiversidade da Rede Natura 2000 da Enseada.

Actividades de balde con prazas limitadas por mor da pandemia da Covid-19.

Novo tema:A flora das Dunas de Cesantes e o Litoral de Soutoxuste

Datas e prazas dispoñibles:

– Nova actividade o Sábado 3 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes).

– Nova actividade o Sábado 10 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes).

– Nova actividade o Sábado 17 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes).

– Nova actividade o Sábado 24 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes).

Dende a Concellería de Medio Ambiente co lema “A nosa biodiversidade o seu legado” están a realizar dende finais do mes de Agosto , unha serie de actuacións informativas e charlas divulgativas para poñer en valor a Enseada de San Simón que se atopa dentro da Rede Natura 2000 . Debido a gran acollida recibida e a cantidade de persoas interesadas que quedaron sen praza para os paseos sobre as “algas da intermarreal” de Cesantes , o departamento medioambiental do concello de Redondela decidiu ampliar as actividades medio ambientais que remataban o 19 de Setembro ata finais do mes de Outubro. Redondela 15 de setembro de 2020 , debido a gran demanda de participantes para as actividades educativas e medioambientais na Rede Natura 2000 a concellería de medio ambiente amplía datas e temario para o mes de Outubro. Para comprender o seu valor, hai que coñecer e analizar o patrimonio natural. A ciencia separase en investigación é divulgación. Mentres a investigación fai avanzar o coñecemento, a divulgación intenta expandir na sociedade este novo coñecemento. Neste grupo de expansión atópase a cidadanía, a cal temos que chegar cunha linguaxe próxima e achegada. Natura 2000 é unha rede europea de áreas de conservación natural. A súa finalidade é asegurar a protección a longo prazo das especies e o seu hábitat en Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade. Nos paseos dinamizados por FAIA Educación Medioambiental o participante poderá observar, tocar e escoitar temas sobre a formación das rías, dunas, ecosistemas mariños, grupos de algas, avifauna costeira, as marismas de Soutoxuste, historia evolutiva, xeoloxía e outros temas que que protagonizan a biodiversidade da Rede Natura 2000 da Enseada. Actividades de balde con prazas limitadas por mor da pandemia da Covid-19. Novo tema: “A flora das Dunas de Cesantes e o Litoral de Soutoxuste” Datas e prazas dispoñibles: - Nova actividade o Sábado 3 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes). - Nova actividade o Sábado 10 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes). - Nova actividade o Sábado 17 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes). - Nova actividade o Sábado 24 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes).

Inscrición de balde

-En turismo@redondela.gal

-No 986 400 300 -Turismo, horario de 11h a 14h

-Presencial, na Oficina de Turismo do Concello de 11h a

14h e de 15h a 19h.

“A nosa biodiversidade o seu legado”. Por iso agardámosvos na Rede Natrura 2000 da Enseada para dar un paseo educativo con FAIA Educación Ambiental que dinamizará as actividades.

scroll-up