Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es

Medio Ambiente comparte dúas xornadas de educación medio ambiental co alumnado do Colexio Alexandre Bóveda na praia de Arealonga.

Imaxe Medio Ambiente comparte dúas xornadas de educación medio ambiental co alumnado do Colexio Alexandre Bóveda na praia de Arealonga.

A praia de Arealonga recibiu esta mañá a visita das nenas e nenos do C.E.I.P Plurilingüe Alexandre Bóveda de Chapela. Onde puideron participar nunha xornada educativa e de lecer preparada pola concellería de medio ambiente. A praia quedou dividida en cinco sectores para que os grupos burbulla do centro realizaran a actividade seguindo o protocolo COVID.

A xornada educativa consistiu na identificación dos residuos que aparecen no areal de Chapela. Unha vez identificados recibiron explicacións sobre a procedencia lixo e as causas polas que chegou a praia. Unha ves identificados o alumnado procedeu a retirar o lixo da praia de forma selectiva para o seu tratamento. Como era de esperar na praia de Arealonga recolléronse gran cantidade de entullos, vidros e cabichas.

Imaxe entullos

No día de hoxe participaron as nenas e nenos de infantil e primeiro e segundo de primaria, na xornada de mañá Martes 25 de Maio participaran o resto de cursos do centro ata sexto de primaria.

A actividade foi impartida pola técnica en educación medio ambiental do concello, unha alumna en prácticas do CIFP A Granxa que cursa un ciclo superior de educación medio ambiental e o Concelleiro de Medio Ambiente Roberto Villar. O alumnado tamén recibiu a visita da Concelleira de Ensino Olga García que se achegou o areal a interesarse pola actividade educativa.

scroll-up