Medio Ambiente abre ó público o paseo do Rego das Maceiras

Despois de varias semanas de peche do paseo do Rego das Maceiras polos desbordamentos padecidos o 12 e 18 de Decembro, que orixinaron problemas no trazado da senda peonil. A concellería de Medio Ambiente unha vez arranxados os problemas máis graves, que causaban inseguridade, decidiu esta mañá a apertura do paseo deste espazo natural moi utilizado pola veciñanza.
Os traballos realizados consistiron na reparación de urxencia dun muro de contención que tiña risco de derrube, a reposición do firme en varios tramos, a retirada dunha árbore caída no canle e a retirada de elementos leñosos que impedían o curso normal da auga.
Actuacións pendentes a curto e longo prazo
Queda pendente a reparación da ponte antiga de pedra que dà aceso a veciñanza da rúa Rabadeira-Canabal. Tramo que permanecerá pechado por seguridade ata que se realicen os traballos de reposición e mellora deste paso.
Outras actuacións de mellora a longo prazo que consistentes en reforzar os tramos da senda máis propensos as crecidas, a mellora dunha ponte de pedra de recente construción feita no proxecto inicial, que o tempo está demostrando que non foi ben colocada e produce desbordamentos continuos en canto sube un pouco o caudal do río.