Información sobre a venda de productos agrícolas e desprazamentos ás leiras durante o Estado de Alarma

Dende a Concellaría de Medio Ambiente, queremos informar dun xeito claro do contido da Orde dictada pola Xunta de Galicia en relación á venda de productos agrícolas e os desprazamentos ás leiras onde se teñan cultivos ou viñas.
Para iso, dende o Departamento do Concello, elaboramos un esquema explicando as directrices marcadas pola Consellería do Medio Rural o pasado 24 de Marzo (Publicado no DOG número 58).
Mediante esta difusión pretendemos axudar ás persoas que teñan leiras, plantacións ou viñas para autoconsumo ou por motivos profesionais, pero tamén favorecer a controlar a expansión do COVID-19.
Queremos aproveitar tamén esta nova para agradecer á veciñanza os seus esforzos diarios que son claves para contolar o coronavirus e protexernos entre tod@s.