Festa Solsticio de inverno organizada por Medio Ambiente

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela organiza unha saída de exploración e aprendizaxe da natureza para as familias, onde xogan un papel principal a creatividade, o xogo e a natureza.
Nesta ocasión festexaremos a chegada do solsticio de inverno e o comezo dunha nova estación para desfrutala e darlle a benvida en familia. Os obxectivos son favorecer o coñecemento da natureza en familia, promover entre as familias o hábito de saír á natureza durante todo o ano, promover o respecto polo medio ambiente e fomentar o xogo o aire libre.
A actividade é de balde e a merenda está incluída.
Inscrición limitada, máximo 30 nenos e nenas.
Data límite de inscrición 19/12/2019, inscricións de 9:00-14:00h no 986 400 300