Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es

Medio Ambiente pecha por seguridade un aceso ao paseo do Rego Maceiras debido a forza das riadas.

imaxen ubicación

Debido ao desbordamento do Maceiras polas intensas choivas destes días pasados, a Concellería de Medio Ambiente pechará este Mércores o aceso ao paseo dende rúa Rabadeira Canabal que está a altura do Tau Cerámica. O motivo é o estado da ponte de pedra vella que cruza o leito do río dende este aceso, o non presentar unhas condicións óptimas para ser cruzada con seguridade. Nos vindeiros días técnicos do concello analizaran o estado deste paso de pedra e, unha vez consideradas as actuacións oportunas darase conta a Augas de Galicia antes de facer calquera actuación, neste paso moi utilizado pola veciñanza residente da zona.

Actuacións de urxencia, a curto e longo prazo noutras zonas afectadas do paseo.

Na inspección realizada atopáronse problemas nunha ponte de pedra do propio paseo, nun muro de contención cedido dentro do leito e unha árbore caída coa raíz dento do curso da auga que precisan actuacións de urxencia. Está mañá o departamento de medio ambiente contactou cos responsables de zona de Augas de Galicia para dar conta destas actuacións de urxencia nas marxes e leito do río. Actuacións as que non puxeron impedimento e autorizan a realizar, que comezarán a partir deste Martes. Por último operarios do concello delimitaran outras zonas en todo o percorrido do paseo que serán estudadas a curto e longo prazo dependendo do que determine o equipo técnico do concello e tamén tendo en conta outras posibles crecidas que poidan acontecer na estación de inverno.