Instrucciones para gestión de residuos domésticos y COVID-19

Desde la Concejalía de Medio Ambiente del Ayuntamiento de Redondela, se transmiten las Instrucciones para el manejo domiciliario de residuos en las casas donde haya enferm@s del coronavirus o en cuarentena, allegadas al Ayuntamiento por parte de la Secretaría de Estado de Medio Ambiente.
Se trata de seguir una serie de pasos para saber cómo organizar la basura resultante del cuidado de enferm@s de coronavirus.
No Departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela, veñen de construir un esquema resumindo estras instruccións, tratando de facilitar a súa difusión así coma a súa comprensión:
Do mesmo xeito, traduciuse a Instrucción:
Instrución para os domicilios sobre xestión de residuos domésticos e COVID-19
Manexo domiciliario dos residuos en fogares positivos ou en corentena por COVID19
Segundo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, os residuos do paciente, incluído o material desechable utilizado pola persoa enferma (luvas, panos, máscaras), deben de se eliminar nunha bolsa de plástico (BOLSA 1) nun cubo de lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha separación para a reciclaxe.
A bolsa de plástico (BOLSA 1) debe pecharse adecuadamente e introducila nunha segunda bolsa de lixo (BOLSA 2), á beira da saída da habitación, onde ademais depositaranse as luvas e máscara utilizados polo coidador e pecharase adecuadamente antes de saír da habitación.
A BOLSA 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa de lixo (BOLSA 3) correspondente ao cubo de fracción resto. A BOLSA 3 tamén se pechará adecuadamente.
Inmediatamente despois realizásese unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos 40-60 segundos.
A BOLSA 3 depositarase exclusivamente no contedor de fracción resto1 (ou en calquera outro sistema de recollida de fracción resto establecida na entidade local), estando terminantemente prohibido depositala nos contedores de recollida separada de calquera das fraccións separadas (orgánica, envases, papel, vidro ou téxtil) ou o seu abandono na contorna.
Manexo domiciliario dos residuos en fogares sen positivos ou corentena
No caso dos fogares sen positivos nin en corentena, a separación dos residuos realizarase como vén facéndose habitualmente.
Co fin de reducir ao máximo a fracción resto (ou fracción seca onde sexa aplicable) que chega as plantas de tratamento, convén lembrar aos cidadáns a importancia de optimizar a recollida separada das distintas fraccións (papel/cartón, vidro, envases, orgánica no seu caso), e depositar nos seus contedores unicamente os residuos correspondentes a tales fraccións.
Por último, lémbrase aos cidadáns que as luvas de látex ou nitrilo empregados para facer a compra ou outros usos non son envases e por tanto non deben depositarse no contedor de envases lixeiros (amarelo).