Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es

Corte de tráfico por obras en Camiño de Parada, Chapela

Corte de tráfico por obras en Camiño de Parada, Chapela

A raíz das obras municipais en Chapela, faise necesario o corte temporal da circulación no Camiño da Pega.

Dende a Concellaría de medio ambiente do Concello de Redondela queren avisar á veciñanza de que nos vindeiros días, por mor das obras municipais de reposición do saneamento no Camiño da Pega ó seu cruce co Camiño de Parada, vaise cortar o tráfico rodado desa zona.

A empresa Aqualia, que realizará as obras municipais vese obrigada ó corte da rúa durante o seu horario laboral, e namentres duren as obras. Fora do horario laboral o camiño abrirase, de xeito provisional, novamente.

Dende o Concello prevexan que esta situación dure un par de semanas, mais avisan tamén de que este prazo poderase modificar dependendo do avance diario das obras.

Dende a Concellaría de medio ambiente aconsellan á veciñanza que nos momentos en que estea pechado o tráfico, usen as vías alternativas cercanas: Camiño da Lavandeira, Subida á Traída, Subida a pé do pandeiro, etc.

scroll-up