Coronavirus e animais de compañía

Dende a Dirección Xeral de Dereitos dos animais quérese transmitir ás administracións locais, autonómicas e os corpos de seguridade do Estado unha serie de recomendacións e acordos que desenvolven o Real Decreto de alarma no relacionado cos animais de compañía e os seus coidadores. Ante a situación provocada pola pandemia declarada polo COVID–19, insístese, en relación á atención sanitaria ás mascotas, nos seguintes aspectos e recomendacións:
En primeiro lugar, hai que reiterar que non existe evidencia científica algunha de que os animais domésticos padezan nin poidan transmitir o COVID-19. Nese sentido propóñense as seguintes pautas de actuación:
MEDIDAS XERAIS
- Lavarse as mans + Distancia Social + Cubrirse ao toser + Non tocarse ollos, nariz e/ou boca
MEDIDAS XERAIS CON ANIMAIS DE COMPAÑÍA:
- Despois de tocar ao animal: Lavarse as mans + Non tocarse ollos, nariz e boca.
- Ao chegar a casa tras saír á rúa: Limpar con xel desinfectante almofádalas e lacola do animal por prevención.
MEDIDAS XERAIS PARA PERSOAS POSITIVAS EN CORONAVIRUS
- Recoméndase deixar o coidado das mascotas a outra persoa, cando sexa posible.
- Usar utensilios novos para o animal. Nunca reutilizar os utensilios utilizados pola persoa positiva
- Se se dá positivo e non se pode deixar o animal con outra persoa, extremar as medidas de hixiene como a limpeza de mans, o uso de máscara en presenza do animal e evitar o contacto co mesmo, na medida do posible