Concellaría de medio ambiente denuncia pegada de carteis en Saxamonde

Esta mesma mañá a Concellaría de Medio ambiente tivo aviso dunha actuación na Parroquia de Saxamonde: apareceron unha serie de contenedores de lixo cunha nota informativa co membrete e autoría do Concello de Redondela.
Dende o Concello de Redondela, e en concreto dende a Concellaría de Medio ambiente advirten á veciñanza que a creación e difusión deses carteis non son obra do Concello de Redondela.
Lembran, ademais, ós/ás posibles autores/as da actuación, que pegar carteis ou notas en muros, fachadas, farois, valados, papeleiras ou outros elementos da vía pública está terminantemente PROHIBIDO (Ordenanza municipal, artigo 8 e artigo 14).
E que a usurpación da identidade (neste caso facéndose pasar polo Concello de Redondela e usando unha copia inexacta do escudo do Concello) está regulada no Capítulo V do Código Penal con penas de un mes a tres anos.
Por outra banda, dende a Concellaría de Medio ambiente invitan a calquera persoa que quera colaborar, opinar ou discrepar co traballo realizado por este departamento, a achegarse ó Concello con cita previa ou comunicarse vía telefónica ou correo electrónico (no 986400300 ou medioambiente@redondela.gal).