
Composteiro individual
A compostaxe individual supón o aproveitamento dos biorresiduos domésticos (restos de comida e vexetais) nun domicilio particular ou nun recinto de acceso restrinxido.
Os produtores dos restos orgánicos son os encargados de realizar as achegas de biorresiduos ao composteiro, do seu mantemento –coa formación e asesoramento de persoal cualificado– e do aproveitamento do compost final.
Se che interesa compostar, consulta se o teu concello está adherido ao Plan Revitaliza, xa que a Deputación de Pontevedra está a repartilos no marco do plan de composteiros individuais para familias que dispoñen de casas con horta ou terrazas adecuadas. Recibirás todos os materiais e a información necesaria para poñer en marcha o teu composteiro individual.
Como compostar
-
1
-
2
-
3
-
4
Videoguía de compostaxe individual

Cesión de composteiros individuais
Os veciños e veciñas de Redondela poden solicitar a cesión de composteiros individuais. A cesión terá unha duración de doce (12) anos. Rematado este período, de ser o caso, poderase prorrogar. A persoa beneficiaria comprometerase a facer un uso responsable do composteiro e a destinalo única e exclusivamente á finalidade do tratamento dos seus residuos orgánicos. Para solicitar a devandita cesión é necesario seguir os seguintes pasos:
2. Unha vez descargado o documento, tes dous procedementos para cubrilo:
- Cubrilo de maneira dixital e imprimilo.
- Imprimir o documento de cesión e cubrilo de maneira manual.
3. Unha vez cuberto, deberás asinalo.
4. Para entregar o devandito documento tes dúas alternativas:
- Presentalo nos rexistros autorizados do Concello, en Redondela ou Chapela.
- Presentalo a través do Rexistro Electrónico.