Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es
Composteiro comunitario

Composteiro comunitario

A compostaxe comunitaria é aquela na que a veciñanza do municipio ou da parroquia colaboran, xa sexa depositando os seus residuos orgánicos nos composteiros ou axudando no seu mantemento. Este compost repártese para nutrir xardíns e hortas da zona. Tamén podes solicitar compost para uso persoal enchendo o formulario do apartado Compost.

Os centros de compostaxe comunitario están formados por unidades modulares dun metro cúbico dispostas en múltiplos de tres nas que van producíndose as diferentes fases da compostaxe. No composteiro debes depositar os teus residuos no módulo de aportación, que está indicado cun círculo verde.

O estruturante utilízase para facer compost. Podemos encontralo en caixóns ou sacos situados preto do composteiro para que a xente colla materia seca coa que tapar os bioresiduos.

Videoguía de compostaxe comunitario

composteiro comunitario
Reproducir vídeo acerca de composteiro comunitario

Localización composteiros comunitarios

scroll-up