Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es
logo compostaxe

Compostaxe

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela continúa desenvolvendo unha intensa campaña de sensibilización cidadá sobre a compostaxe, as súas vantaxes e a importancia de utilizar un sistema de tratamento dos residuos municipais sostible desde o punto de vista ambiental que, ademais, proporciona un fertilizante orgánico de alta calidade.

Por iso, prosegue coa campaña de fomento da compostaxe doméstica polos centros culturais das parroquias. A veciñanza recibiu unha pequena charla informativa sobre o seu uso de cara a acadar un mellor aproveitamento. Tamén poderá solicitar composteiros individuais todo aquel que os precise.

O ciclo da compostaxe

O ciclo da compostaxe

Que é?

Un proceso de transformación da materia orgánica (restos da colleita, excrementos de animais e residuos urbanos) para obter un fertilizante natural, é dicir, o compost.

Para que se usa?

Para mellorar a fertilidade da terra e como alimento para as plantas.

Que tipos existen?

  • 1

    Compost en compostador
  • 2

    Compost en montón
  • 3

    Vermicompost
  • 4

    Bokashi ou xaponés

O proceso da compostaxe

Esta transformación lévase a cabo en calquera casa mediante un composteiro, sen ningún tipo de mecanismo, motor ou gasto de mantemento. Vexamos o proceso:

  • 1

    Prepárase a base de materiais leñosos, materiais secos como pólas e follas.
  • 2

    Engádense os materiais húmidos, primeiro os restos de comida e enriba os de poda.
  • 3

    Opcionalmente, para acelerar o proceso, podemos botar esterco, terra da horta ou compost.
  • 4

    Para pór en marcha o composteiro, enchémolo polo menos ata a metade coa mestura de materiais secos e húmidos.
O proceso da compostaxe

Vantaxes

Gran parte dos residuos que xeramos nas nosas casas son materia orgánica que se pode aproveitar, cun tratamento previo, como fertilizante orgánico en hortas e xardíns. A compostaxe doméstica ten moitos beneficios para todos:

  • ok
    Reduce a cantidade de materia orgánica que acaba nos vertedoiros.
  • ok
    Diminúe o uso de fertilizantes inorgánicos.
  • ok
    Aforra auga de rego debido á capacidade de retención da auga do compost.
  • ok
    Achega nutrientes necesarios para o desenvolvemento das plantas de forma natural.
  • ok
    Evita os malos cheiros e diminúe os riscos de contaminación.
  • ok
    Reduce os custos de transporte dos residuos, co conseguinte beneficio para a cidadanía.

scroll-up