
Compost
O compost con materia orgánica é un magnífico fertilizante natural que se obtén dun proceso biolóxico onde se degradan restos vexetais e de comida mesturados con materiais leñosos e secos que serven como estruturante. Neste proceso xérase un fertilizante rico en nutrientes que serve para nutrir a terra, aínda que os seus usos e beneficios van máis aló: reactiva solos contaminados ou degradados, axuda a reciclar residuos sólidos urbanos, controla as pragas… A obtención de compost realízase nos composteiros individuais e colectivos e nas plantas de compostaxe.
Beneficios do compost

Solicitude de compost
Desde o Concello de Redondela ofrecémosche o compost que se produce nos diferentes composteiros comunitarios do concello. Só tes que cubrir o seguinte formulario.
1.- Responsable dos datos: É o noso deber informarte que os datos de carácter persoal que nos proporciones enchendo o presente formulario serán tratados polo Concello de Redondela como responsable desta web.
2.- Finalidade dos datos: A recollida e tratamento dos datos persoais que che solicitamos é para xestionar a solicitude que realizas neste formulario de solicitude de compost.
3.- Lexitimación: Consentimento do interesado.
4.- Destinatarios: Como usuario e interesado infórmámoste de que os datos que nos facilitas estarán situados nos servidores de Dinahosting, S. L. (provedor de hosting de redondelarecicla.es) dentro da UE. Ver política de privacidade de Dinahosting.
5.- Dereitos: En calquera momento poderás exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, limitación e supresión dos datos escribíndonos a medioambiente@redondela.gal, así como o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.
O feito de que non introduzas os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios poderá ter como consecuencia que non poidamos atender a túa solicitude.
Podes consultar a información adicional e detallada sobre a política de privacidade na nosa páxina web: https://redondelarecicla.es.