Charlas de compostaxe

A Concellería de Medio Ambiente comeza esta semana coa inscrición previa para unha das últimas charlas desta campaña de compostaxe doméstica onde os participantes recibirán un composteiro individual (COINEX), un aireador e un manual. O concello de Redondela fará entrega das últimas unidades recibidas da Deputación de Pontevedra dentro do Plan Revitaliza. A charla celebrarase o xoves día 13 de febreiro no Multiusos da Xunqueira.
O xoves 6 de febreiro haberá un posto informativo diante do concello onde mestres composteiros encargados de levar a cabo o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra informarán a todo aquel interesado sobre a compostaxe doméstica.
Inscricións no Departamento de Medio Ambiente e o día 6 no posto informativo do Plan Revitaliza.
Os requisitos son:
Estar empadroado no Concello de Redondela.
Referencia catastral onde se vai colocar o composteiro
CESIÓN DE COMPOSTEIRO INDIVIDUAL DE EXTERIOR (COINEX) NO CONCELLO REDONDELA