Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es

Camiñando polos recunchos costeiros da Enseada de San Simón

Imaxe Camiñando polos recunchos costeiros da Enseada de San Simón

Rutas medio ambientais dende as dunas de Cesantes o litoral de Soutoxuste para coñecer a biodiversidade que agocha a Rede Natura 2000. A Concellería de Medio Ambiente lanza un novo paquete de rutas guiadas polo litoral da enseada de San Simón. Unha actividade dinamizada por Faia Educación Medio Ambiental na que o camiñante poderá coñecer e gozar dos paisaxes e a biodiversidade natural dun espazo único no mundo.

Para a realización da actividade recomendamos levar calzado cómodo unha toalla e sandalias para aquelas persoas que queiran camiñar polas augas da enseada.
Saídas : 18, 31 de Xullo e o 1 de Agosto.
Punto de encontro caseta de Protección Civil praia de Cesantes saída 10:15 h chegada prevista 13:15 h.

Máis información:
turismo@redondela.gal – Teléfono: 986 40 17 13

scroll-up