Aviso de corte de Luz en zonas de Redondela, Reboreda e Chapela

A Concellaría de Medio Ambiente da traslado dun anuncio de corte de electricidade para a noite do 13 e 14 de novembro en diversas rúas do casco urbán de Redondela e na parroquia de Reboreda e Chapela.
Tra-lo escrito recibido no Rexistro xeral do Concello de Redondela por parte da empresa UFD Distribución de electricidad s.a., a Concellaría de medio ambiente quere avisar á veciñanza que, debido ás obras de mantemento e desenrolo da rede eléctrica, darase unha interrupción programada do suministro o vindeiro Venres 13 de Novembro de 2020 de 3:30 ás 6:00 horas (dependendo da rúa que sexa) e o vindeiro sábado 14 de Novembro de 3:30 a 6:00 horas (dependendo da rúa que sexa).
O corte de suministro eléctrico da madrugada será, segundo o aviso, nas seguintes rúas de Redondela, Reboreda e Chapela:
O 13 de Novembro de 3:30 a 6:00 horas nas seguintes direccións:
En Redondela:
- RÚA DO MUIÑO Nº 1;
- ESFARRAPADA Nº 14;
- ESPÍRITU SANTO Nº 20 A 24, 29, 53, 55, 64, 71;
- RÚA FIGUEIRAL Nº 6, 8, 10;
- LOUREIRO Nº 1, 3, 5, 7 a 53, Par 56 a 68 e 74 a 78;
- O CARBALLO Nº 3;
- PLAZA CONSTITUCIÓN DE 1812 Nº 9, 11, 12, 14, 15.
- ADRO Nº 1, 2, 4, 5, 8, 9, 11 a 27, 32 a 37, 39, 41, 45, Par 46 a 72 y 78;
- CAMPO DAS REDES Nº 2, 6, 7, 8, 12, 15 a 30.
En Reboreda:
- SANTO PAIO DE ABAIXO Nº 1, 2.
O 14 de Novembro de 00:30 a 3:00 horas nas seguintes direccións:
En Chapela:
- CAMINO DO ASIBRO Nº 33
- TRAVESÍA JESÚS FERNÁNDEZ LÓPEZ Nº 3, 84;
- AVENIDA VIGO Nº 10, Impar 63 a 77, 81, 84, 85, 87 a 112, Par 114 a 150, 156 e 172.
- DA FORMIGA Nº 7 a 13, 19, 22 a 27
- CAMINO DOS ABETOS Nº 3, 6, 7, 8, 10, 12.