Arqueoloxía na praia, unha actividade para nen@s

O vindeiro 21 de agosto na praia de Cesantes a Concellalía de Medio Ambiente, dirixida por Miguel Ángel Álvarez Ballesteros, organiza unha actividade dirixida ao público infantil.
Esta actividade consiste nunha pequena escavación arqueolóxica de 2 horas, adaptada a diferentes niveis de comprensión dos participantes.
Comeza cunha breve descrición da actividade, reparto de material e do espazo de traballo, realización da escavación e valoración dos “tesouros” atopados. Todo o material será subministrado polos dous arqueólogos que dirixiran a actividade.
Límite de prazas: 25 persoas por grupo.
Actividade de balde, con inscrición previa.
Obxectivos :
- Fomentar o interese polo patrimonio histórico a través do emprego de mtécnicas de escavación arqueolóxicas.
- Educar para a conservación do medio e do patrimonio.
- Incentivar o espírito crítico, e a curiosidade por interactuar co medio.
- Fomentar a participación e o traballo en equipo.
- Fomentar a igualdade de xénero e o respecto ás características individuais.
Para inscribirse contactar:
TELÉFONOS:
986 400 300
698 142 025
ENDEREZO ELECTRÓNICO:
medioambiente@redondela.gal