Redondela recicla – Concello de Redondela

logo redondelarecicla.es

Actuacións sobre o Río Alvedosa e Pexegueiro

Actuacións sobre o Río Alvedosa e Pexegueiro

Desde a Concellería de Medio Ambiente quérese informar de dúas actuacións puntuais sobre dúas dos ríos que cruzan o noso municipio: O Río Alvedosa e o Río Pexegueiro.

Por unha banda, en relación ao río Alvedosa: faise necesario retirar a barreira flotante antiplásticos debido a problemas no seu funcionamento. A estrutura colocada non traballa á perfección e iso fai que unha parte dela afúndase xerando presión e aumentando a posibilidade de futuras rupturas. A barreira volverase colocar cando se solucione este problema estrutural.

Doutra banda, no río Pexegueiro, a concellaría acaba de solucionar un problema dunha vertedura ocasional que se daba cada día de feira por parte dun posto ambulante. O posto en cuestión levaba anos vertiendo ao río Pexegueiro a auga sobrante da cocción dos pratos que vendía. Desde a Concellaría do Medio Ambiente, grazas aos avisos de veciños e veciñas, detéctase a infracción e trabállase en atopar unha solución. A partir de agora a vertedura conectarase puntualmente á rede de saneamento.

logo mediambiente    REDONDELA-E-Medioambiente-sen-logo

scroll-up