Actividade de Kayak educativo-ambiental pola enseada de San Simón

A concellería de Medio Ambiente dentro da posta en valor dos espazos naturais da rede Natura 2000 segue ofertando saídas en Kayak para coñecer e gozar dun espazo natural único no mundo.
Resumo da actividade: A actividade consiste na valoración da contorna natural de forma activa, disfrutando e navegando as súas augas, e mostrando todos os valores que posúen estas e os seus ecosistemas asociados a biodiversidade da enseada. Realizaremos paradas divulgativas na illa de San Simón(depende de autorización) na batea, no illote das Corveiras, no monumento ao Capitán Nemo (tentando observar o bosque de zoostera ou sebe que se atopa nas inmediacións), e outras segundo as inquedanzas do público e as posibilidades da xornada.
Desta forma poderemos observar e coñecer de primeira man o valor deste espazo da Rede Natura 2000
- Educador ambiental
- Monitores de kayak (que se encargarán do control do grupo, de axudalos a manterse unidos ao grupo, de remolcar aos usuarios que se cansen e de dinamizar e animar o servizo).
Normativa e seguros: A actividade conta cos permisos necesarios para a súa realización, e o seguro de R.C. e póliza de accidentes con especificación de seguro de rescate.
Saída do Potro de Cesantes as 10H Sábado 19 de Xuño
Prezo da actividade bonificada: 15€
INFORMACIÓN: turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13
Venda de entradas casa do Concello oficina de turismo horario de 11 a 14horas e de 15:30 a 19 horas.